viernes, octubre 16, 2009

Continúa a indecencia dese xornal que se autodenomina "La Voz de Galicia". Xa non lles queda pizca de vergoña. Esta semana cando todos os titulares os levaba o escándalo "Gürtel" (incluso deixando en segundo lugar a visitar de Zapatero a Washington), o mencionado rotativo abría a portada falando dos incendios (eses incendios que durante o verán non existían). Parecía que non se podían superar na manipulación....pero sí, agora sacan o tema Gürtel en primeiras páxinas pero para denunciar que o xuíz Garzón esqueceu (ademáis de denunciar os feitos) decir que os imputados de pequenos eran bós alumnos no cole.

Veremos algún día unha Galicia que lle pare os pés a estes manipuladores?

miércoles, octubre 14, 2009

Que vergoña

A pouca vergoña que teñen os medios de comunicación supera incluso á desfachatez dos políticos. Estamos nunha espiral de manipulación mediática de tal magnitude que non se veía desde os tempos franquistas. Un exemplo (pequeno) pero descarado o que se veía hoxe día 14 de Outubro en "La Región" de Ourense. Falando dunha rolda de prensa sobre a homenaxe a Eloy Lozano, fundador do Festival de Cine, publican (sen rubor) unha noticia e unha foto, pero eliminan a un dos seus protagonistas.

http://www.laregion.es/noticia/105644/ourense/festival/cine/ouff//

Noutros xornais a foto é a seguinte:

http://www.xornal.com/media/images//cultura/20091013/2009101321344415972.jpg

A ver se descubrides quen falta.....(Unha pista: É unha persoa que di "Sangenjo").

miércoles, octubre 07, 2009

Recortes de prensa con aroma

Está claro que si alguén encaixa na nova líña de "La Voz de Galicia" (nome pouco apropiado), ese é Roberto Blanco Valdés.

Isto é o que o ínclito é capaz de afimar (falando da toponimia e da intención de trocar a Lei de Normalización Lingüística) e quedarse tan tranquilo:
"se parte de que en Galicia hay una lengua del país y otra extranjera que, como tal, debería desaparecer o quedar reducida, en el mejor de los casos, a las catacumbas del hogar de cada uno."
http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2009/10/07/0003_8020465.htm