viernes, octubre 16, 2009

Continúa a indecencia dese xornal que se autodenomina "La Voz de Galicia". Xa non lles queda pizca de vergoña. Esta semana cando todos os titulares os levaba o escándalo "Gürtel" (incluso deixando en segundo lugar a visitar de Zapatero a Washington), o mencionado rotativo abría a portada falando dos incendios (eses incendios que durante o verán non existían). Parecía que non se podían superar na manipulación....pero sí, agora sacan o tema Gürtel en primeiras páxinas pero para denunciar que o xuíz Garzón esqueceu (ademáis de denunciar os feitos) decir que os imputados de pequenos eran bós alumnos no cole.

Veremos algún día unha Galicia que lle pare os pés a estes manipuladores?

No hay comentarios: